Administración para la que prepara: Estatal. A Coruña.
Ser español o nacional de alguno de los demás Estados miembros de la Unión Europea. Titulación exigida: Graduado escolar o equivalente.
|
ver información adicional
|
• 1º Exercicio (eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 90 minutos.
O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.
Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
• 2º Exercicio (eliminatorio)
Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de microsoft office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.
O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ao chou nos correspondentes chamamentos parciais.
Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.
Os/as aspirantes que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais, así como aqueles/as que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos/as de realizar este ejercicio.
• 3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio) (solo para turno libre)
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lengua galega.
• 4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio) (solo para turno libre)
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
|
ver temario completo
|